publicidade hoxe

Anida Inmobiliria finalizará as obras das últimas vivendas de Costa Miño Golf

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

Anida, a inmobiliaria do Grupo BBVA, presentou no Concello de Miño o proxecto para a terminar a construción das últimas vivendas na Urbanización miñense Costa Miño Golf. Tras varias reunións do alcalde de Miño, Jesús Veiga, con representantes da entidade Anida, filial do BBVA, estes solicitaron xa a licenza para a edificación de 28 vivendas na zona denominada como VH-2 (Vivenda en ringleira) á vez que están a traballar na elaboración dun proxecto adaptado ao novo Código Técnico de Edificación para a finalización das 10  vivendas que aínda están en estrutura, posto que a licenza das mesmas caducara. Estas vivendas obtiveron licenza en setembro do 2005 solicitada por Fadesa e nos anos seguintes produciuse unha paralización desas obras coa chegada da crise. Transcorrido o prazo legal sen executar as obras, desde Concello de Miño iniciouse un expediente de caducidade de licenza. Anida Operaciones Singulares S.A.U. (BBVA) comunicou ao Concello en 2014 o cambio de titularidade da licenza ao seu favor, con todo, non se reinician os traballos, motivo polo cal o expediente de caducidade conclúe e a licenza atopábase na actualidade caducada.

4 de maio de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.