Analízase a posibilidade de reubicar os estudos de Medicina, Odontoloxía e Enfermaría no entorno do Hospital Clínico de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

Representantes da Universidade de Santiago de Compostela, do Concello de Santiago e da Consellería de Sanidade, reuníronse esta mañá no Edificio Administrativo do Sergas para analizar a forma de dar resposta ás actuais e futuras necesidades docentes e asistenciais no campo da formación clínica.

Neste eido, acordaron crear un grupo de traballo, composto por dous representantes de cada unha das institucións, co obxectivo de estudar e valorar a posibilidade de reubicar os estudos de Medicina, Odontoloxía e Enfermaría no entorno do Hospital Clínico da capital galega.

Acordouse tamén renunciar á utilización dos terreos da urbanización San Ignacio de Loyola para a edificación da nova facultade de Medicina, como xa comprometera o alcalde cos veciños de ditas vivendas, polo que o concello axilizará os trámites do Plan Xeral para proceder á desafectación do ámbito.

En concreto, o grupo de traballo terá a función de desenvolver os labores técnicos e os instrumentos específicos necesarios para a consecución dos obxectivos acordados.

7 de maio de 2015 | 19:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.