Amizade organiza un roteiro sobre rodas pola senda do río Lérez

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

Un dos ámbitos sociais nos que traballa Amizade é do tempo de ocio e lecer, intentando ofrecer alternativas ás persoas con discapacidade. É aquí onde se enmarca a xornada organizada para este vindeiro domingo, 31 de Maio.

Está prevista ás 11:00 a hora de saída desde a praia fluvial de Monte Porreiro. O percorrido a realizar determinarase nese momento, puidendo ser máis ou menos longo (previsiblemente entre 500 e 1500 m, aproximadamente), ou incluso valorarase a posibilidade de facer varios grupos e varios percorridos.

Ademais contaremos con tres Handbikes que a Fundación Maria José Jove prestou a través dun acordo de colaboración para que as distintas persoas participantes poidan probalas e coñecer de primeira man esta disciplina deportiva.

Ás 14:00 está previsto o xantar na praia e no que se poderán intercambiar experiencias vitais, gozar dun entorno natural e dunha compañía agradable.

28 de maio de 2015 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.