Alberto Salcedo continúa sen derrotados nos 200 metros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

O atleta da Sociedade Ximnástica, Alberto Salcedo conseguiu en Sevilla a súa duodécima vitoria consecutiva, no que vai de tempada, na proba de 200 metros. Con 21.41, Leva unha boa progresión nas competicións de pista ao aire libre, aínda que o próximo fin de semana terá uns duros rivais, como Alberto Gavalda e Enrique Vázquez, na xornada de División de Honra que disputará coa Ximnástica.

Neste control de marcas tamén saíu a disputar Alberto Guerreiro, na distancia de 1.500 metros, levándose o triunfo con 3.54.89.

Houbo máis resultados dos atletas da veterana Sociedade. Así en Valencia Ricardo Gaya estivo moi ben na proba de triplo salto, gañándoa con 13.91.

Pereiro de Aguiar celebrou unha xornada atlética, coa presenza de Emma Casas, que está a superar unha lesión que lle impediu adestrar todo o que quixera, pero mostrou boas sensacións no hectómetro onde quedou segunda. Outro atleta que está a superar unha lesión é Rubén Diz, que reapareceu nas pistas universitarias de Ourense, quedando terceiro nos 3.000 metros.

20 de maio de 2015 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.