publicidade hoxe

AGE pide unha investigación oficial sobre o crime machista acontecido no CHUO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+
Europa Press

A deputada de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) condenou “enerxicamente” o crime machista acontecido en Ourense e solicitou unha “investigación oficial” sobre o acontecido no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO). A deputada Eva Solla destacou a necesidade de “non escatimar medios” na loita contra lácraa da violencia machista e “feminicidios”.

“Un novo caso de violencia machista que deixa de manifesto a necesidade de protexer e non escatimar medios á hora de acabar con este grave problema social, que está a custar a vida de mulleres do noso país”.

Para Eva Solla, é un suceso que “causa aínda máis conmoción”, toda vez que foi acoitelada cando estaba ingresada nun hospital, polo que solicita “unha investigación oficial que aclare o acontecido”.

8 de maio de 2015 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.