AFAL convoca aos seus socios á súa asemblea ordinaria e extraordinaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

AFAL Ferrolterra celebrará o próximo 12 de xuño a súa Asemblea Xeral Ordinaria. A reunión, á que están convocados todos os socios da asociación, terá lugar en primeira convocatoria ás 16 horas e, en segunda, ás 16,30. Celebrarase na súa sede da rúa Río Castro, 43-45, baixo, na cidade de Ferrol, e a orde do día inclúe someter a aprobación a memoria de actividades do exercicio 2014, o plan de actividades para o 2015, as contas e balances do 2014 e o orzamento de ingresos e gastos do presente ano, así como un capítulo para rogos e preguntas. Ao remate da reunión, ás 18 horas en primeira convocatoria e media hora máis tarde en segunda, AFAL convoca unha nova Asemblea, neste caso xeral extraordinaria, cun único punto na orde do día: a elección de integrantes da súa xunta directiva.

29 de maio de 2015 | 12:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.