AFAL abre o prazo de inscrición para o curso de coidador sociosanitario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

Tras o éxito de participación rexistrado en convocatorias anteriores, AFAL Ferrolterra reeditará o próximo mes de xuño o seu Curso de Coidador Sociosanitario de Persoas Dependentes. Por iso, desde hoxe mesmo quedará aberto o prazo de inscrición. Segundo explicou a presidenta da entidade, Milagros Prieto, o obxectivo do mesmo é dotar aos coidadores da información, coñecementos e habilidades necesarias para desenvolver de forma eficaz o seu papel. Así mesmo, sinala que busca mellorar a autoestima dos coidadores principais e proporcionarlles información sobre recursos sociosanitarios. Así, as persoas interesadas en anotarse nesta acción formativa poden facelo na sede da asociación en Ferrol, na rúa Río Castro, 43-45 baixo, ou solicitar máis información no teléfono 981 370 692.

O prazo permanecerá aberto ata o próximo 5 de xuño e o custo da actividade é de 30 euros para os socios da entidade e de 50 para os non socios. Prezo que, en ambos os casos, inclúe a participación nos dous módulos nos que se estrutura o curso. Organizado por AFAL Ferrolterra coa colaboración do Sergas, o curso estará impartido por un equipo multidisciplinar integrado por especialistas en logopedia, psicoloxía, educación social, terapia ocupacional, pedagoxía ou enfermaría. De 30 horas de duración, está estruturado en dous módulos formativos entre o 8 e o 19 de xuño. Nun e outro caso, as clases desenvolveranse na sede da asociación, en horario de tarde (de 16 a 19 horas). No mesmo trataranse temas como os coidados que precisa a persoa dependente ou o propio coidador, así como as claves para mellorar a calidade de vida nun e outro caso. Por último, o curso de AFAL está declarado de interese sociosanitario polo Sergas e tamén acreditado pola Sociedade Galega de Xeriatría e Gerontología. As prazas son limitadas.

27 de maio de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.