Actos vandálicos na Guarda

Actos vandálicos
Antonio Lomba Baz, concelleiro de Cultura e candidato á alcaldía da Guarda, vén de presentar unha denuncia ante o posto da Garda Civil polos danos ocasionados por descoñecidos en bens públicos, incluídos os declarados Bens de Interese Cultural.
Os actos denunciados correspóndense con estragos en paneis informativos da senda litoral, en mobiliario e instalación eléctrica do castelo de Sta Cruz e en pintadas realizadas sobre paneis informativos do monte Trega, así como en farois e incluso fachadas de particulares do casco urbano.











