publicidade hoxe

Actividades da concellería de servizos sociais de Xove para o mes de xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

A Concellería de Servizos Sociais de Xove, a través da Oficina de Información Xuvenil e o Laboratorio de Investigación Social, organiza as seguintes actividades para o vindeiro mes de xuño:

ACTIVIDADES DIRIXIDAS Á MOCIDADE: 

OBRADOIRO: “RELACIÓNS E ACOSO NAS REDES SOCIAIS”: última semana de xuño, dirixido a  xóvenes de 12 a 16 anos.

Inscrición: na OMIX antes do 13 de xuño.

III TORNEO DE Wii: día 20 de xuño, dirixido a rapaces e rapazas a partir de 10 anos.

Inscrición na OMIX ata o 10 de xuño.

ACTIVIDADES DIRIXIDAS ÁS PERSOAS MAIORES DE 60 ANOS:

CURSO DE MANEXO DE MÓBIL.

Inscrición: ata o 4 xuño, na OMIX (no Centro Xuvenil)

ACTIVIDADES DIRIXIDAS Á VECINDADE EN XERAL:

ROMARÍA SAN ANTONIO DE A RIGUEIRA: día 13 de xuño. Para a obtención da ventura e do lirio de San Antonio, as persoas interesadas deben anotarse antes do 10 de xuño no Concello de Xove.

De todas estas actividades enviouse un programa a tódalas casas de Xove; neste programa hai un pequeño erro xa que pon que a Romaría de San Antonio é o 12 de xuño cando realmente é o 13 de xuño.

14 de maio de 2015 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.