Actividade cos rapaces de 5º de primaria na Reiboa
Mañá, a partires das 10.00 da mañá, os alumnos de 5º de tódolos centros de primaria do concello participarán nunha actividade organizada pola Concellaría de Educación na que colabora a OMIX a través da xestión co equipo de futur@smonitor@s que se están a formar no curso oficial de tempo libre que se organizou por mediación da mesma.
Participarán nesta actividade un centenar de rapaces-zas que teñen previsto chegar ao parque da Reiboa sobre as 10.00 da mañá para, posteriormente, e unha vez feitas as presentacións, dividirse en 3 grupos que rotarán por tres actividades: paseo e explicacións no Parque da Memoria, visita aos muiños da Freixa e ximkana de “Grandes Xogos Celtas”, co equipo de futur@smonitor@s, consistente en probas deportivas, probas de inxenio e probas de cultura.
Está previsto que a actividade remate sobre as 12.45 e de volta aos coles











