Ábrese o prazo de inscripción para o curso “Sementa o teu futuro: dinamización de emprego”
A Concellería de Xuventude a través da OMIX programa o curso “Sementa o teu Futuro: Dinamización de emprego” coa intención de dinamizar, estimular e orientar á cidadanía para producir cambios e crear iniciativas que melloren o presente e perfilen un futuro con máis opcións e oportunidades.
O que se quere a través desta iniciativa é crear un espazo no que se posibilite o descubrimento e o crecemento das capacidades das persoas e do noso contorno e artellar fórmulas para poder levar a cabo e facer reais as ideas que xurdan durante este proceso.
Os destinatarios e destinatarias serán fundamentalmente xente nova que se atope nalgunha das seguintes situacións: persoas que teñan unha idea de negocio para poder desenvolver, persoas que se saben con capacidades pero non teñen definida unha idea clara de negocio, persoas en desemprego que desexan mellorar as súas posibilidades de inserción laboral… toda aquela persoa con ganas de cambiar de rumbo o seu itinerario persoal e laboral.
O programa comezará o 15 de xuño e o horario establecido será de luns a xoves de 9 a 14 horas. As persoas interesadas en participar deberán inscribirse na OMIX ou no departamento de Desenvolvemento Local do Concello da Guarda.











