Abraham Mateo, o musical infantil “Hansel y Gretel” e a premiada obra “Harket protocolo” integran a programación de maio en Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O ciclo de grandes concertos “Son(S) de Ferrol”, a comedia e o teatro infantil centran a programación escénica que se poderá ver ao longo do presente mes de maio no Teatro Jofre e o Auditorio de Ferrol. Esta ampla oferta elaborada pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, destaca tanto no ámbito musical como teatral.

Así, o musical infantil “Hansel y Gretel” inundará o vindeiro sábado, día 16, o Teatro Jofre cunha das mellores adaptacións do popular conto dos Irmáns Grimm. Tamén no teatro municipal terán lugar a comedia “El Ministro”, onde actuará o vindeiro sábado 23 o polifacético Carlos Sobera; e a premiada obra teatral para adultos “Harket protocolo”, que se estreará o sábado 30. Esta proposta cultural ferrolá para o mes de maio complétase coa actuación do fenómeno adolescente Abraham Mateo que encherá o vindeiro día 22 o Auditorio de Ferrol dentro do ciclo de grandes concertos “Son(s) de Ferrol”.

11 de maio de 2015 | 19:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.