A Xunta participa en Madrid na reunión do Foro Social contra a trata con fins de explotación sexual
A Xunta participou hoxe en Madrid na reunión do Foro Social contra a trata con fins de explotación sexual, presidida pola Delegada do Goberno do contra a Violencia de Xénero, e onde foi presentado o borrador do Plan Integral para a loita contra a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual 2015-2018. Galicia, xunto con Navarra son as únicas comunidades autónomas que forman parte do Foro Social contra a trata humano con fins de explotación sexual.
No ano 2009 cumprindo co establecido polo Plan Integral de loita contra a trata de seres humanos 2009-2012, foi creado o Foro Social contra a Trata integrado polas Administracións Públicas de ámbito estatal competentes na materia, representantes das CC.AA, a FEMP, e organizacións con experiencia na atención de vítimas de trata con fins de explotación sexual, coma Rede Española Contra o Trata, Médicos do Mundo, Federación mulleres Progresistas, Caritas, Cruz Vermella, ACCEM, OIM, ACNUR, Plataforma para a abolición da prostitución, Foro de integración social dos inmigrantes, Plataforma pola infancia e o Consello de participación das mulleres.
Este II Plan que hoxe foi presentado incorpora un sistema baseado nos resultados da implementación do diagnóstico do plan anterior, no que ademáis recóllense as observacións e recomendacións formuladas polas administracións e institucións implicadas na súa execución. Finalmente, o Plan recolle aspectos básicos para o desenvolvemento dunha política eficaz de loita contra o trata con fins de explotación sexual, así como medidas que forman parte dunha acción integral que implican a unha multiplicidade de actores públicos e privados, garantindo así unha visión multidisciplinar e de xénero, e promovendo a comunicación e coordinación.
Visibilización e prevención en Galicia
A Xunta no VI Plan Galego para a Igualdade entre mulleres e homes, a diferenza de plans anteriores, presta unha especial atención á necesidade de visibilizar e reforzar as medidas destinadas a previr a trata de mulleres con fins de explotación sexual e asistir ás súas vítimas.
Entre as principais medidas e actuacións deste Plan, destacan a realización de accións para sensibilizar á sociedade contra este problema; estudos e investigacións sobre a situación da trata de persoas en Galicia; a elaboración de material informativo sobre os dereitos e recursos para as vítimas e a formación para a súa atención específica. E a colaboración tanto coa Fiscalía Superior de Galicia -para a adopción de medidas de prevención, investigación e tratamento para as vítimas-; como cos países de orixe destas e as entidades e ONG que dispoñan de estruturas e mecanismos axeitados para acoller e atender ás vítimas de trata, fundamentalmente con fins de explotación sexual.











