publicidade hoxe

A Xunta financiará o acondicionamento da estrada do Ramo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que a Xunta de Galicia lle confirmou a cesión da titularidade da estrada do Ramo a favor do Concello, así como a execución dunha serie de obras no vial que o propio rexidor establecía como imprescindibles para asumir a competencia sobre ela. Esa confirmación chegaba esta mesma semana á casa consistorial en forma de convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestructuras e o Concello de Fene. Un convenio que require da aprobación do pleno.

Cabe recordar que xa o anterior goberno socialista solicitara no seu día ese cambio de titularidade a favor do Concello, unha reivindicación que tamén xestionou Gumersindo Galego ante a Xunta de Galicia, obtendo agora un resultado positivo. ¿Qué cambiará? Pois o Concello estará en condicións de realizar calquer actuación na vía –de 689 metros- sen solicitar autorización previa á Consellería de Infraestructuras e do Territorio, eliminando así trámites e acurtando tempos.

Trátase dun vial de acceso a unha zona na que se abrirá nos próximos meses a segunda escola infantil de Fene e que na actualidade alberga o pavillón polideportivo, o colexio do Ramo e o parque municipal de educación vial. En todo caso, o alcalde avanzou que, cumprindo coas demandas planteadas, a Consellería comprométese nese convenio que fixo chegar ao Concello a financiar ao 100% a realización das actuacións solicitadas polo propio alcalde. Así, procederáse ao acondicionamento da vía entre o punto kilométrico 2+260 e ata a pasarela peatonil sobre o ferrocarril, e construiráse unha beirarrúa nos primeiros 160 metros pola marxe dereita. Limparanse as drenaxes e gabías, colocaráse sinalización vertical e pintaranse as marcas viarias correspondentes.

14 de maio de 2015 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.