A Xunta dota de dous novos vehículos á agrupación local de Protección Civil de Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A agrupación local de Protección Civil que opera de forma conxunta co Servizo Municipal de Emerxencias verá incrementado o seu parque móbil este verán coa incorporación de dous novos vehículos que lle ven de conceder a Xunta de Galicia a través dunha liña de axudas específica para este tipo de colectivo de voluntarios. Trátase dunha pick up 4×4 e dunha embarcación pneumática que a agrupación espera recibir nas vindeiras semanas.

A Xunta comunicou onte á concesión dos vehículos que, segundo establece a orden da convocatoria, son cedidos en propiedade ao Concello para dotar de medios a súa agrupación local de Protección Civil.

Vilagarcía foi un dos concellos que obtiveron as puntuacións máis elevada para o reparto do material solicitado ao abeiro desta convocatoria, de aí que se lle concedan dous vehículos.

A Pick Up con tracción ás catro rodas substituirá ao vello vehículo que estaba a utilizar a agrupación e que se retirará tras sumar xa 15 anos de servizo. Pola súa banda, a embarcación pneumática, de catro metros de eslora e dotada de motor, incrementará os medios destinados ás tarefas de vixilancia e salvamento de praias durante os meses de verán. Esta embarcación era unha das necesidades máis urxentes da agrupación e do Servizo de Emerxencias, xa que ata o de agora so contaban cunha zodiac de características similares para atender as tres praias do municipio.

7 de maio de 2015 | 12:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.