A Xunta cede unha embarcación á confraría de Redondela para labores de vixilancia marisqueira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRedondela
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se acorda a cesión en propiedade da embarcación Illas Lobeiras á confraría de pescadores San Juan de Redondela. Esta cesión prodúcese logo da petición do propio pósito.

A Lei do Patrimonio da Comunidade Autónoma Galega permite a cesión de bens mobles a entidades públicas ou sen ánimo de lucro para seren destinados a fins de utilidade pública ou interese social.

Neste caso acórdase a cesión desta embarcación -de 5,3 metros de eslora e 2 metros de manga- para a realización de labores de vixilancia marisqueira no ámbito territorial determinado polos seus estatutos. A Orde recolle que estes medios deben ser destinados a fins de utilidade pública e interese social e de non facelo a embarcación reverterá á Comunidade Autónoma de Galicia.

20 de maio de 2015 | 12:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.