A veciña da Baña, Carmen Almozara cumpre 100 anos
Carmen Almozara Outeiro naceu un 19 de maio de 1915. Hoxe celebrou o seu 100 aniversario. Vive coa súa filla Clara e co seu xenro Antonio.
Hoxe dende o Concello da Baña quixeron acompañala o alcalde, José Andrés García Cardeso, e a concelleira de Servizos Sociais, Alicia Blanco Sande, neste día tan especial e facerlle entrega dun agasallo, dunha figura cunha pequeniña placa recordatoria do 100 aniversario e dun ramo de flores. Durante o medio día puideron acompañar a esta familia na mesa tomando algo e conversando xunto coa filla, o seu xenro, o neto, a neta e as respectivas parellas xunto con algúns veciños que quixeron felicitala. Se todo vai ben, para finais do mes de maio queren xuntar a toda a familia a celebrar unha comida especial xuntos onde virán de diferentes lugares como Madrid e Alemania. A familia da Casa de Carballo, que así é como se coñece estivo hoxe de celebración e brindou de hoxe nun ano.