A Universidade Popular pecha o curso cun novo récord de participación
O programa da Concellería de Educación “Universidade Popular” bate, un ano máis, o seu récord de participación, coa inscrición de 2.577 ourensans e ourensás, e a preinscrición de 3.123, nun total de 107 actividades formativas.
Os cursos máis demandados este ano foron:
– Ingles básico (229 solicitudes)
– Photoshop: retoque fotográfico (126 solicitudes)
– Manexo e control do estrés e da ansiedade. Relaxación (118 solicitudes)
– Metodo Pilates (186 solicitudes)
– Ritmos latinos e roda cubada – Iniciación – (201 solicitudes)
– Zumba (141 solicitudes)
– Fotografía nocturna e “light painting”. “Xogar con luces” (118 solicitudes)
– Poda i enxerta (196 solicitudes)
– Micoloxía básica e identificación de cogomelos (123 solicitudes)
– Confección de nóminas e seguros sociais. Nominaplus (101 solicitudes)
– Teleformación on line: Monitor/a especialista en integración e atención a persoas con discapacidade en actividades de ocio e tempo libre (190 solicitudes)
– Restauración de mobles (123 solicitudes)
Todos os alumnos e alumnas recibirán o seu diploma acreditativo o vindeiro 11 de xuño no Auditorio Municipal no acto de peche do programa da Concellería de Educación do Concello, que tras 20 anos de funcionamento, segue a proporcionar unha oferta formativa sólida, ampla e de calidade para aqueles maiores de 16 anos interesados ou interesadas en aprender cousas novas e mellorar os seus coñecementos.











