publicidade hoxe

A última sesión do programa In Fene contará con obradoiros, actividades de circo ou xogos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

A concelleira de Servizos Sociais, Juana Barro, invitou a rapaces e rapazas a participar na última sesión do curso do programa In Fene que promove o Concello. Celebrarase mañá venres, 22 de maio, no local da AVV de Perlío e na praza do Perla, a partires das 16,30 e ata as 20,30 horas. Nesta sesión tan especial de clausura levaranse a cabo obradoiros de pulseiras, actividades de circo, xogos de saltos, equilibrio, velocidade e moitas máis actividades. Na cita tamén se proxectará o vídeo In Fene, elaborado nos últimos meses polos participantes. O programa está dirixido a nenos e nenas de entre 11 e 14 anos e a participación é completamente gratuíta.

21 de maio de 2015 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.