A última saída de Ponterutas percorrerá a senda do Gafos cara Vilaboa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A Concellaría de Transportes continúa coa esta semana coa súa exitosa programación de Pontenbici. Este domingo haberá a última das saídas de Ponterutas. Será pola rúta do Gafos até Vilaboa, unha saída que quedou aprazada o pasado mes de abril por mor do mal tempo.

É unha ruta de 22 quilómetros e pensada para persoas de máis de 16 anos. A saída será ás 10.00 horas da praza do Concello e chegarase ás 14.00 horas.

As persoas interesadas deberán inscribirse previamente no teléfono 986 80 43 00 ext.7584.

19 de maio de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.