A terceira Barrioferencia tratará sobre a historia e as peculiaridades da parroquia de Camposancos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Este sábado, día 9 de maio, terá lugar a terceira das “barrioferencias” enmarcadas dentro do ciclo de charlas,, organizado polo Concello da Guarda, “Coñece o teu pobo”. Esta conferencia, que dará comezo ás 20,30 horas no local da Sociedade “Los Amigos de Camposancos”, tratará sobre a historia e as moitas peculiaridades da parroquia de Camposancos.

Antonio Rodríguez Portela e Manuel Ángel Álvarez Pérez, veciños inquedos pola historia de Camposancos, serán os encargados de ofrecerlles ós presentes unha viaxe polo peculiar pasado desta parroquia do concello da Guarda, que posúe o título de “Entidade Local Menor”.

Os participantes explicarán, por tanto, por que Camposancos é unha das poucas entidades locais que existen en Galicia ou por que diferénciase o lugar do Couto nesta parroquia. Ademais ofrecerán unha visión completa do patrimonio relixioso, falando da Igrexa, das capelas e os diferentes cruceiros.

As portas da Sociedade están abertas de forma gratuíta para todos aqueles veciños e veciñas interesados en coñecer un pouco máis da parroquia de Camposancos.

7 de maio de 2015 | 18:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.