A Sociedade Ximnástica participa no galego de Clubs Cadete e Júnior

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

As pistas de atletismo de Elviña na Coruña, acollen o vindeiro domingo o Campionato de Galicia de Clubs das categorías Cadete e Júnior, tanto en homes como en mulleres; coa presenza dos catro equipos da Sociedade Ximnástica.

Preto de 400 atletas de toda Galicia participarán nun Campionato do cal o combinado lerezano ausentouse nos últimos anos. Foi en 2010 a última vez que competeron os equipos masculinos, en 2009 o equipo cadete feminino e hai que remontarse ata 2003, para ver a última participación do equipo júnior feminino neste Campionato.

Todos estes anos de ausencia non se foron ociosos, seguiuse traballando a base para conseguir o nivel atlético que sempre se esixiu a entidade pontevedresa para acudir a esta competición.

A xornada dominical será intensa con 7 horas e media de atletismo, na que se disputarán un total de 78 probas; comezando ás dez e cuarto da mañá e tras o oportuno descanso do mediodía, finalizará ás oito e cuarto da tarde.

57 atletas pontevedreses son os convocados para esta cita no que o equipo júnior masculino perfílase para subir ao podio, mentres que os outros tres, aínda que a priori teñen poucas opcións, non van perder a oportunidade para facer unha gran competición que lles pode achegar aos Campionatos de España de Clubs.

15 de maio de 2015 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.