A Sociedade Ximnástica logra dúas medallas no galego de 5 km. ruta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

Os corredores de fondo da Sociedade Ximnástica tiveron unha cita importante o pasado domingo na Estrada, onde se celebrou o Campionato autonómico de 5 quilómetros en ruta. Os atletas pontevedreses estiveron en todo momento nos postos de cabeza, froito diso foron os quintos postos que conseguiron, na xeral masculina de Iván Docampo, e na xeral feminina Rocío Rodríguez.

Aínda que non se conseguiu o podio na categoría absoluta, sumáronse dúas preseas, un ouro de Rocío Rodríguez na categoría promesa e un bronce para Cristina González na mesma categoría.

11 de maio de 2015 | 21:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.