A Sociedade Ximnástica irá a polas medallas no Campionato de Galicia de 5 km. en ruta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A pesar de levar celebrándose poucas edicións, o Campionato de Galicia de 5 km. en ruta está a ter o seu atractivo para os atletas galegos. A Sociedade Ximnástica de Pontevedra, acudirá este domingo á Estrada con posibilidades reais de que os seus atletas poidan continuar subindo ao podio; xa que en 5 edicións levan sumadas 20 medallas. Iván Docampo, Rocío Rodríguez, Barca Toba e Eva Iglesias; entre outros atletas pontevedreses; seguramente os veremos nos postos de cabeza.

O equipo infantil da Ximnástica, terá en casa o Campionato Provincial do XOGADE

O sábado é un día importante para a Ximnástica, o seu equipo masculino inicia pola tarde en Vigo, a súa andaina na División de Honra 2015; pero o futuro está aí, xa que pola mañá nas pistas de atletismo do CGTD, celébrase o Campionato Provincial do XOGADE para a categoría infantil e con importante presenza de atletas da Escola Municipal de Atletismo da Sociedade Ximnástica.

Un total de 25 atletas clasificáronse para este Campionato, grazas ás marcas que fixeron nas xornadas previas e ademais algúns deles farano en varias probas.

O ano pasado os atletas da Sociedade Ximnástica sumaron 17 medallas neste Campionato e espérase superar esta cifra, aínda que o importante será ver a mellora que tiveron todos eles desde que alá polo mes de outubro empezaron a súa preparación.

8 de maio de 2015 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.