A Sociedade Ximnástica acode cos atletas das Escolas Municipais ao galego de clubs
A Federación Galega concentrará mañá sábado en Riveira a máis dun milleiro de atletas benxamíns, alevíns e infantís; nos Campionatos Galegos de Clubs, de devanditas categorías. A Sociedade Ximnástica do mesmo xeito que o ano pasado, volve acudir a esta cita con pleno de equipos participantes. Son 6 equipos que tentarán polo menos repetir os dous postos de podio do ano pasado, cando foron terceiras, as mozas benxamíns e as mozas infantís.
Será unha xornada longa. As categorías benxamín e alevín, celebrarán as súas probas pola mañá, mentres que os infantís farano pola tarde. A Sociedade Ximnástica levará á localidade coruñesa a medio centenar de atletas, que xa están listos para sacar froito a todos estes meses de adestramentos. Pasadas as 8:30 horas, concentrarase a expedición pontevedresa no Pavillón Municipal, para partir rumbo a Riveira.











