A Secretaría Xeral para o Deporte formaliza en Vigo 27 convenios do plan de patrocino dos equipos de alta competición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaVigo
A-
A+

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Mª José Bravo Bosch, e polo Director Territorial de ABANCA en Vigo, Jorge Martínez Martínez, formalizou no día de hoxe 27 convenios de patrocinio do Plan de Patrocino dos equipos de alta competición de Galicia para o exercicio 2015 da Fundación Deporte Galego, correspondentes aos equipos de Vigo e a súa área de influencia.

En total, a sinatura desta mañá supón un investimento de 622.410,01 euros que irán destinados aos seguintes equipos:

EQUIPO

ESPECIALIDADE

IMPORTE PATROCINIO

Real Club Celta de Atletismo

Atletismo

11.769,09

Club Atletismo Femenino Celta

Atletismo

4.147,95

Club Deportivo Bosco

Baloncesto

39.755,71

Club Balonmán Cangas

Balonmán

54.139,64

Sociedad Deportiva Octavio Vigo

Balonmán

39.831,69

Club Balonmán Porriño

Balonmán

34.775,39

C.D. Balonmán Chapela

Balonmán

15.248,38

Club Balonmán Seis do Nadal – Coia

Balonmán

15.294,71

Halcones de Vigo Béisbol Club

Béisbol

10.716,32

Club Bowling Celta

Bolos

3.011,79

Club Ciclista Rías Baixas

Ciclismo

17.243,61

Club Ciclista Vigués

Ciclismo

15.972,23

Club Ciclista Spol

Ciclismo

15.254,49

Club de Esgrima Vigo “El Olivo”

Esgrima

8.435,36

Federación Viguesa de Peñas Recreativas ” El Olivo”

Fútbol

17.991,41

Erizana C.F.

Fútbol

20.584,60

Sárdoma Club Fútbol

Fútbol

22.472,80

Coruxo Club de Fútbol

Fútbol

54.198,15

Real Club Celta de Vigo S.A.D.

Fútbol

36.465,64

Club AMFIV

Baloncesto en cadeira de rodas

33.332,22

Real Club Náutico Rodeira Cangas

Kaiak Polo

8.898,36

Sociedad DeportivaTirán

Remo

30.347,42

Sociedad Deportiva Samertolameu

Remo

23.807,79

Vigo Rugby Club

Rugby

32.041,48

Agupación Deportiva Vincios

Tenis de Mesa

8.092,43

Club Vigo Voleibol

Voleibol

24.905,28

Club Deportivo Xuvenil Teis

Voleibol

23.676,07

O plan de patrocinio dos equipos de alta competición

Na presente edición, o plan están dotado con 2.420.000 euros, un 26% máis que no pasado ano, tendo por destinatarios a un total 111 equipos galegos. Neste orzamento, ABANCA, patrocinadora oficial do Plan logo do contrato subscrito coa Fundación o pasado mes de febreiro, fai unha achega de 726.000 euros, como parte do compromiso subscrito pola entidade financeira que destinará, no marco da presente colaboración, máis de 3,6 millóns de euros nos cinco anos de duración do contrato coa Fundación.

Dende os seus inicios na tempada 2009/2010, o Plan ten investido máis de 10.000.000 de euros nos equipos de alta competición de Galicia, mostrando a súa efectividade tanto no xenérico número de equipos apoiados (111 na presente edición fronte aos 89 do ano 2009), como especialmente no tocante ao deporte feminino: 28 equipos na tempada 2009/2010, 46 equipos na vixente tempada.

Todos os equipos patrocinados teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas nas que a competición de máximo nivel desenvólvese na categoría absoluta en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e/ou sistema de ránking/clasificación por equipos.

Como vén sendo a tónica habitual deste programa, a presente edición patrocina equipos de distintas especialidades deportivas, o que reflicte o estado de forma do deporte de alta competición en Galicia: Atletismo (5), bádminton (2), baloncesto (11) e baloncesto en cadeira de rodas (2), balonmán (7), béisbol (3), bolos (1), ciclismo (6), esgrima (3), fútbol (14) e fútbol sala (11), halterofilia (2), hóckey herba (1), hóckey liña (2), hóckey a patíns (3), kaiak polo (3), piragüismo (5), remo (3), rugby (3), tenis de mesa (12), tríatlon (5) e voleibol (7). 

Este Plan de patrocinio supón un moi destacado pulo para a presenza do Deporte galego no máis alto nivel competitivo, a nivel nacional e internacional, das distintas modalidades deportivas comprendidas nel, garantindo o crecemento deportivo de entidades e deportistas destas especialidades, á vez que se reforza a presenza da marca Deporte Galego nas competicións deportivas ás que acoden os equipos patrocinados. Coa incorporación neste ano de ABANCA como patrocinadora oficial, o Plan logra potenciar a súa presenza e operatividade, potenciándose á base dos equipos patrocinados.

29 de maio de 2015 | 13:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.