A ruta das Mámoas do Morrazo será a próxima andaina organizada polo Concello de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

A 2ª Andaina de Primavera, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Marín será a “Ruta das Mámoas do Morrazo entre o Lago Castiñeiras e A Chan de Arquiña”.

– Saída en autobús dende a praza de España, ás 09:30 h. (é importante ser puntual).
– Regreso ao mesmo punto entre 14:00-14:30 h.

Trátase dun percorrido lineal entre o Lago de Castiñeiras e A Chan de Arquiña (Domaio), no que visitaremos un dos conxuntos de dolmens máis importantes de Galicia, atravesando os montes comunais de varias parroquias dos concellos de Marín, Vilaboa e Moaña. Destacan entre estes dolmens a Mámoa do Rei (Vilaboa), A Chan de Armada (Sto. Tomé de Piñeiro, Marín) ou A Chan de Arquiña (Moaña). O percorrido é de dificultade baixa, en xeral moi suave, e o autobús deixará ao grupo no Lago Castiñeiras para recollelo despois na Chan de Arquiña. Entre este dous puntos a distancia é de pouco máis de 7 quilómetros, e para os que teñan ganas faremos unha prolongación de 2,5 quilómetros regresando á Chan de Arquiña, para subir ao espectacular miradoiro de Monte Faro.

11 de maio de 2015 | 19:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.