publicidade hoxe

A ruta da Seimeira na Pontenova e unha ruta en Caminha conforman a oferta do Programa de Sendeirismo de Brión para xuño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O Concello de Brión ven de presentar a súa proposta de rutas de sendeirismo para o mes de xuño, que inclúe unha ruta en Lugo e, por primeira vez, unha saída fóra de Galicia (Caminha). En ambos casos, o prezo é de 8 euros e o Concello de Brión convoca inicialmente 50 prazas para cada roteiro, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición na Casa da Cultura ou no teléfono 981 50 99 88.

Tras o éxito de participación no roteiro celebrado pola Mariña lucense, o Concello de Brión organiza agora unha visita á ruta da Seimeira, en A Pontenova, para o 6 de xuño. Son 17 quilómetros de percorrido, de dificultade baixa, nos que os camiñantes poderán disfrutar de fermosas paisaxes de montaña e de numerosas fervenzas. O prazo de inscrición remata o 4 de xuño.

A segunda proposta é a Ruta de Caminha, prevista para o 27 de xuño. Son 16 quilómetros de dificultade baixa e que discorre polas beiras do Miño. O prazo de inscrición remata o 25 de xuño. 

Ambos roteiros teñen en común a cota de inscrición: 8 euros cada un, que inclúen o desprazamento en autobús ata o lugar da ruta, que a saída é ás 8:00 horas e que a inscrición pode formalizarse na Casa da Cultura de Brión (981 50 99 08). Ademais, é preciso levar o xantar tipo pícnic, pois as rutas prolónganse dende a mañá ata ben entrada a tarde. Tamén se recomenda asistir con calzado cómodo e roupa axeitada á climatoloxía da xornada. 

29 de maio de 2015 | 17:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.