A rúa Pequena mellora a súa imaxe cun novo firme de formigón pulido e raiado

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Rúa Pequena, sita na zona da Lomba, está sendo obxecto dunha actuación de mellora por parte do Concello. Os traballos comezaron onte e suporán un cambio de imaxe na vía que contará cun firme novo e máis estético e con servizos de abastecemento de auga e recollida d epluviais renovados.

A Rúa Pequena é unha travesía sen saída perpendicular á Avenida Agustín Romero, próxima ao campo de fútbol municipal da Lomba. A mellora do firme neste pequeno tramo foi unha mellora demandada polos veciños que residen na rúa e que o goberno local atendeu tan pronto puido.

A concelleira de Obras, Ana Granja, explicou que os traballos iniciáronse coa substitución das tuberías de subministro de auga potable e coa instalación de baixantes para a recollida das augas pluviais. Posteriormente renovarase o firme con formigón pulido e raiado que lle dará á rúa unha imaxe máis agradable.

12 de maio de 2015 | 18:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.