A rúa Garabulla péchase ao tráfico para realizar o asfaltado posterior á obra de ensanche
O Concello procederá durante a xornada de mañá a asfaltar a rúa Garabulla despois de ter rematado xa os traballos que permitiron ensanchar un tramo deste camiño que une os lugares da Torre e Guillán. A vía permanecerá pechada ao tráfico mentres duren os traballos que está previsto rematar na mesma xornada.
O ensanche dun tramo da rúa Garabulla, no barrio da Torre, levouse a cabo aproveitando as obras de mellora da rede viaria do extrarradio e grazas á colaboración da Comunidade de Montes que aceptou ceder os terreos precisos para poder dar máis ancho a esta angosta vía. Pese e isto, a execución non foi doada, posto que a existencia de roca moi dura fixo necesario utilizar maquinaria de gran potencia e incluso utilizar cemento expansivo para poder rompela para gañar espazo nas zonas de curva.
A actuación levada a cabo aporta maior comodidade para a condución nas zonas nas que se puido ensanchar e tamén contribúe a elevar a seguridade para os peóns.
Beirarrúas en Figueira
Os traballos previos e os de asfaltado foron adxudicados a Marconsa que dentro mesmo plano de traballos, tamén se encarga da ampliación de beirarrúas n Rúa Figueira, situada entre A Laxe As Bocas. Ademais de continuar a liña ata o final da rúa (cara As Bocas) tamén se procederá a construír rebaixes e ramplas para facilitar a accesibilidade xa que as beirarrúas elévanse bastante respecto aos carrís de tráfico en algúns tramos da rúa.











