publicidade hoxe

A rehabilitación dos exteriores da Piscina Climatizada de Verín sumará unha pista de skate

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Nas últimas xornadas finalizáronse as melloras de rehabilitación dos exteriores da Piscina Climatizada de Verín que, sumarán nas vindeiras semanas, unha pista para a práctica do skate na parte traseira desta instalación municipal deportiva.

Tras a remodelación do parque infantil da praza Carmen Estévez, espazo no que se atopa a Piscina Climatizada de Verín, coa substitución do chan de caucho e mellora dos xogos infantís, realizouse un novo parque nesta zona deportiva e de lecer. Devandito parque situouse na antiga pista de baloncesto e dotouse tamén con chan de caucho para incrementar a seguridade dos/as menores, así como coas últimas novidades en xogos infantís. A estes parques, unise o graffiti de temática infantil realizado polo artista ourensán Mon Devane, que cubriu as paredes deste área deportiva -unha das instalacións máis utilizadas no municipio xunto co complexo deportivo de A Granxa-.

A seguinte actuación que se efectuará neste espazo será a a adecuación da área traseira da Piscina Climatizada para a práctica do deporte, coa mellora da pista polideportiva -reorganización das porterías de fútbol de 3×3 e traslado da canastra de baloncesto-, e situación de varios elementos para a práctica do skate, un deporte que ten gran éxito entre os/as menores da localidade e que ata este momento só o poden practicar nas rúas e prazas de Verín.

Todas estas iniciativas de rehabilitación desta zona exterior da Piscina Climatizada de Verín teñen por obxecto continuar co desenvolvemento de políticas activas, por parte do Concello de Verín, para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas, promover a saúde a través dunha alimentación saudable e a práctica de actividade física regular.

12 de maio de 2015 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.