A reforma da DP3604 de San Xoán de Filgueira a Catabois, en Ferrol, foi aprobada na comisión de vías e obras
A comisión informativa de Vías e Obras da Deputación da Coruña debateu onte o proxecto para a construción dunha travesía na DP 3604 de San Xoán de Filgueira a Catabois, en Ferrol.
A obra consiste na ampliación da plataforma e melloras puntuais no trazado da estrada, que alcanzará un ancho de 7 metros na calzada, 0,50 metros nas beiravías e 2 metros de novas beirarrúas. O proxecto inclúe tamén a habilitación de espazos para o estacionamento de vehículos, cun ancho de 2,5 metros.
Nos primeiros 300 metros de actuación ampliarase a calzada e crearanse aparcamentos e beirarrúas na marxe esquerda, mentres que a continuación, as beirarrúas e os estacionamentos fixaranse nas dúas marxes da estrada.
O orzamento previsto para a actuación é de 797.756,42 euros, onde se inclúe a execución dos drenaxes para a evacuación das augas superficiais e a construción dunha rede de colectores de PVC para a recollida das pluviais. O paso previo á contratación das obras é a súa aprobación polo pleno provincial.











