A programacion infantil regresa ao teatro Jofre co musical “Hansel y Gretel”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Cultura do Concello de Ferrol, que dirixe Manuel-Reyes García Hurtado, organiza este sábado, día 16 de maio, unha nova peza teatral dedicada aos máis pequenos que terá lugar no Teatro Jofre. O musical infantil “Hansel y Gretel” dará comezo ás 19:00 horas e as entradas para asistir ao espectáculo poderán ser adquiridas no despacho do teatro municipal ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural).

Esta adaptación do conto dos irmáns Grimm deixa a un lado o tremedismo da historia orixinal para amosar a dous irmáns loitadores que se adentran no bosque prohibido na procura dun tesouro co que axudar á súa familia a saír da pobreza. A obra ten grandes doses de aventura, tenrura e humor e destaca valores como a unión da familia, a amizade e o respecto e coidado dos maiores.

13 de maio de 2015 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.