A praza do Concello disporá dun aseo público

Construción do aseo público
O Concello da Laracha está a crear un aseo público adaptado para persoas con mobilidade reducida na Praza do Concello, nun dos laterais da Casa Consistorial.
A nova instalación estase realizando xunto ao parque infantil existente neste lugar por tratarse dun lugar especialmente frecuentado por nenos e adultos ao longo de todo o ano, aínda que especialmente no verán debido ás vacacións nos centros escolares.
O aseo público realizarase ocupando un sector da construción anexa á Casa do Concello que se emprega como almacén, polo que quedará integrado na mesma e non suporá unha maior ocupación de solo na zona.











