A praza de abastos de Vilagarcía celebra o Día do Mercado agasallando con bolsas, globos e piruletas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A campaña de ámbito europeo “Ama o teu Mercado” que se desenvolveu nas últimas semanas na Praza de Abastos de Vilagarcía remata mañá, 30 de maio, coincidindo coa celebración do Día dos Mercados. Para conmemorar a data e continuar promocionando os mercados tradicionais públicos, os praceiros agasallarán aos seus clientes con 300 bolsas de tea, globos e piruletas.

A celebración do Día do Mercado busca o mesmo obxectivo que a campaña: poñer en valor o servizo dos mercados tradicionais de proximidade, dinamizar a súa actividade, lembrar aos cidadáns a importancia que para a economía local ten comprar no mercado da cidade e facer visible a calidade do produto galego presente nas salas dea bastos públicas, así como a profesionalidade dos praceiros e praceiras.

A Praza de Abastos de Vilagarcía, a través da súa asociación de comerciantes e coa colaboración do Concello participou na campaña promovida pola Xunta de Galicia e que se foi desenvolvendo cada martes e sábado (xornadas nas que tamén se celebra o mercado ambulante) dende o pasado 15 de maio.

Para o desenvolvemento desta campaña, A Praza de Vilagarcía dispuxo de diverso material decorativo e promocional como 4.000 bandeiras para engalanar as instalacións, carteis e un fotocall onde os vendedores e clientes puideron fotografarse co logo da campaña. Os praceiros tamén luciron mandís co mesmo slogan e repartíronse entre os clientes bolsas para facer a compra, piruletas en forma de corazón, como o logo da campaña, e globos.

O groso do material promocional distribuirase na xornada de mañá

29 de maio de 2015 | 17:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.