A praza da Constitución acollerá o espectáculo infantil e familiar “Meet & Greet de Peppa Pig y su familia”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O Concello de Ferrol organiza mañá sábado o espectáculo infantil e familiar “Meet & Greet de Peppa Pig y su familia” dentro das actividades de promoción e dinamización do comercio e a hostalería que teñen lugar os fines de semana na cidade. Nesta ocasión, a proposta programada pola Concellería de Economía e Facenda, que dirixe Alejandro Langtry Caínzos, céntrase na praza da Constitución situada no contorno do Cantón de Molíns.

Así as cousas, os máis pequenos poderán coñecer a Peppa Pig, ao seu irmán George e a Papa e Mamá Pig neste espectáculo, aberto e gratuito, destaca polos valores educativos e morais que aportan ao público infantil. “Meet & Greet de Peppa Pig y su familia” está dirixido aos pequenos e as súas familias e se desenvolverán en horario de mañá e tarde. Máis concretamente, a praza da Constitución acollerá o mañá sábado a visita dos personaxes deste fenómeno televisivo líder de audiencia infantil de 12:00 a 14:00, e de 17:00 a 21:00 horas.

15 de maio de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.