publicidade hoxe

A potencia arxentina de CAPSULA soará no Rockin’ Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

Auryn, BrothersinBan… e agora CAPSULA. A comisión do San Xoán vén de confirmar a presenza do grupo arxentino no Rockin’ Carballo, o festival máis alternativo das festas, que se celebrará o venres 26 na zona do Rego da Balsa. Cápsula é unha banda nacida da escena do rock underground en Bos Aires que ao longo dos seus 18 anos de vida tense consolidado coma unha banda de referencia internacional, cun potente directo do que poderemos gozar este ano nas festas.

Este ano están de xira co seu primeiro álbum en directo, “DeadorAlive”, co que percorrerán todo Estados Unidos, México e Europa. Carballo, dende hoxe, forma parte dese itinerario.

O cartel do Rockin’, que será un dos máis completos da historia do festival, está practicamente pechado e darase a coñecer este sábado, ás 12.30 horas, no Pazo da Cultura

13 de maio de 2015 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.