A Policía Local de Vilagarcía recibe os tres novos coches patrulla
A Policía Local recibiu esta mañá os tres novos coches patrulla adquiridos polo Concello a través do sistema de renting. Trátase dun modelo mono volume Citroën C4 Picasso completamente equipados e rotulados segundo a normativa oficial. O parque móbil da Policía Local terá unha nova achega coa incorporación doutro coche e unha motocicleta concedidas pola Consellería de presidencia da Xunta de Galicia.
Os tres coches patrullas entregados esta mañá inclúen un gran número de accesorios esixibles para a prestación do servizo policial e outros relativos á seguridade na condución. Os vehículos están provistos de kit para transporte de detidos con revestimento ABS na parte traseira, mampara de separación con reforzo. Tamén dispoñen de soporte de defensas policiais, chalecos antibalas homologados e equipos de comunicación válido para a redes. Inclúen botiquín con material diverso, extintor, lúas ante impactos, cristais traseiros tintados e soportes para conos, entre outros elementos. Entre as melloras engadidas pola adxudicataria “Alphabet” atópanse barras extensibles de pinchos e cámara fotográfica dixital.
A compra dos tres coches patrulla para a Policía Local farase polo sistema de renting, por un período de 48 meses e o importe con contrato ascende a 152.534 euros que financiará integramente o Concello.
Os vehículos a substituír permanecerán formando parte do parque móbil municipal, ben para a Policía Local, ou para ser utilizados por outros servizos do Concello unha vez retirados os emblemas policiais.











