publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Pobra de Trives conta cun novo minipunto limpo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra de Trives
A-
A+

O Concello de A Pobra de Trives ven de instalar no día de hoxe na vía publica Marqués de Trives, un novo servizo integral de reciclaxe con MINIPUNTOLIMPO urbán de moi fácil acceso á cidadanía. A característica físicas deste MINIPUNTOLIMPO urbán está fabricado en aceiro de máxima calidade, vidro laminado de seguridade e depósitos interiores en tubos independentes.

En cada Minipuntolimpo poderanse recoller sete produtos mediante sete entradas direccionadas a sete depósitos independentes. Os sete produtos estándar iniciais son:

- 2 depósitos para pilas (convencionais, alcalinas, petaca, botón) e baterías de móbil

- 1 depósito para teléfonos móbiles

- 1 depósito para CD / DVD

- 1 depósito para cartuchos de impresora de inxección

- 1 depósito para lámpadas de baixo consumo

- 1 depósito para RAEES (residuos de aparatos eléctricos ou electrónicos, que leven pilas ou se poidan enchufar a corrente).

Queda como opción alternativa calquera outro produto de parecidas dimensións que o Concello propoña e cuxa recollida e posterior reciclaxe sexa viable.

Unha das caras do MINIPUNTOLIMPO será esponsorizada por empresas, que poderán expoñer a súa publicidade en unha das dúas ventás de vidro do Minipuntolimpo.

O Concello de A Pobra de Trives, coa colocación deste MINIPUNTOLIMPO, pretende acercar a recollida selectiva aos veciños, optimizando o espazo na vía pública coa recollida de sete productos inservibles nun so contenedor.

14 de maio de 2015 | 17:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.