A Piscina Municipal de Valença permanecerá pechada do 23 de maio ao 15 de setembro
Debido a obras de substitución da cuberta, colocación de vidros dobres e da instalación de paneis solares para unha mellora da eficiencia enerxética, a piscina municipal de Valença pechará ao público no período comprendido entre o sábado 23 de maio e o 15 de setembro. Por este motivo, dende o 18 ao 29 de maio, na mesma instalación, se realizarán as inscricións para os cursos de natación da tempada 2015-2016.











