A piscina de Sigüeiro abrirá as súas portas a partir do 1 de xuño
A piscina municipal de Sigüeiro abrirá as súas portas para a campaña de verán 2015 o próximo luns 1 de xuño. Unhas instalacións que estarán abertas todos os días da semana en horario de once da mañá a nove da tarde. Paralelamente, o Concello de Oroso abre o prazo para solicitar ou renovar os carnés de aboanados.
Os prezos dos carnés mantéñense sen incrementos sobre os últimos anos: 24 euros (de 4 a 16 anos) e de 32 euros (maiores de 16 anos). Os veciños empadroados en Oroso terán un desconto de sete euros, polo que a tarifa será de 17 euros (de 4 a 16 anos) e de 25 euros (maiores de 16 anos). Así mesmo, haberá descontos para familias numerosas. O prezo das entradas será de 1,5 euros (de 4 a 16 anos) e 2 euros (maiores de 16 anos). Os veciños e veciñas interesados deberán presentar a solicitude e abonar as cuotas on-line a través da páxina web municipal (www.concelloooroso.com).











