A Piscina Climatizada da Cañiza clausura a tempada
O Concello de A Cañiza a través do Servizo Municipal de Deportes acolle as xornadas divertidas de natación dentro das actividades programadas para clausurar a presente tempada deportiva, nas que levan participando máis de de 300 nen@s de idades comprendidas entre os 3 e os 17 anos.
Durante estes catro días os alumnos así como os seus pais, nais e familiares poden disfrutar de entretidas actividades de natación recreativa con hinchables, tobogáns de auga, tirolitas acuáticas e moitos máis xogos. Os familiares tamén poden participar e entrar na piscina cos nenos ademáis de asistir como público.
O venres, día 29 de maio, clausurarase a tempada coa entrega de diplomas a todos os alumn@s por parte do Alcalde da Vila, do Concelleiro de Deportes e os profesores-monitores dos nenos. Ao rematar celebrarase unha gran festa de despedida con merenda e agasallos.
Estas xornadas contan co patrocinio de varios establecementos e empresas de A Cañiza que desinteresadamente e ano tras ano colaboran con esta escola de natación.