A Miudiño Store únese ao Partido dos Nenos con ofertas exclusivas
A Miudiño Store situada no hall de entrada principal durante os partidos únese ao Partido dos Nenos creando dúas promocións exclusivas para este último encontro da tempada, ante o Laboral Kutxa Baskonia (18.00 horas). Por iso, as tallas infantís das camisetas da Colección Lendas estarán en promoción: o pack das camisetas retro de Ricardo Aldrey e Tonecho Lorenzo poderase adquirir por 59 euros, 11 euros menos que o seu prezo habitual, que é de 70 euros.
Ademais, a Canastra Obra 14/15 rebaixará o seu prezo de 12 a 10 euros, para que todos os nenos poidan practicar a súa puntaría durante este verán. Nas demais ocasións, os Produtos Oficiais do club poderanse adquirir na súa nova tenda oficial, Tiro Libre SCQ, situada na Rúa Ramón Cabanillas.
O Partido dos Nenos completa así a súa oferta a estes, que xa poden comprar entradas a 9 euros en calquera sector do pavillón, do mesmo xeito que os abonados. Ademais, pensando neles, no hall de entrada levará a cabo unha recollida de leite en colaboración con Obra Social La Caixa, que posteriormente se doará aos Bancos de Alimentos de Galicia.











