A maternidade e a muller destacan na mostra que se exhibe no auditorio de Vilagarcía
A actividade expositiva do Concello de Vilagarcía continúa a partir de hoxe cunha nova mostra de arte no Auditorio. Nesta ocasión é a artista Vilagarcia María Xiráldez a que amosa a súa obra en pintura e escultura na que a temática da Muller e a maternidade teñen unha especial relevancia. A exposición pode visitarse ata o 19 de xuño.
A mostra titulada “Nais, espirais” componse de 26 pinturas, dúas esculturas e unha talla de Madeira, todas obras recentes da artista que experimenta con diversas técnicas e estilos. O figurativo é o preferido para abordar os temas femininos, pasando tamén polo impresionismo, algo de surrealismo e coas primeiras incursións no abstracto. E Xiraldez aborda cada un deles facendo uso indistintamente de pastel, acrílico ou acuarela.
No apartado escultórico, atopamos na mostra unha peza de granito de Campo Lameiro, unha de función de aleación de bronce e unha talla de madeira de piñeiro.
María Xiráldez é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca na especialidade de escultura. Ten colgado obra en varias salas da capital salmantina e participou en numerosas exposicións colectivas en Vilagarcía











