A Laracha Incorpora ao seu parque móbil un vehículo, unha motocicleta e un remolque de emerxencias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha mellorará o parque móbil da Policía Local incorporando ao mesmo un novo vehículo tipo turismo e unha motocicleta tipo trail, así como un remolque de emerxencias que quedará a disposición da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) ambas resolucións das adxudicacións á Laracha destes equipamentos de protección ante riscos e emerxencias no marco das convocatorias dirixidas a municipios de menos de 50.000 habitantes que contasen con corpo de Policía Local e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Dita convocatoria é cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia.

Probas de selección de Auxiliares de Policía Local

Os 43 aspirantes ás tres prazas de auxiliares de Policía Local que o Concello da Laracha contratará por un período de seis meses están citados para mañá mércores ás 10:00 horas nas instalacións do campo de fútbol municipal A Porta Santa de Paiosaco para realizar a primeira das probas previstas, que é a da aptitude física.

As seguintes probas serán a avaliación do dominio da materia teórica sinalada na convocatoria e a específica sobre o coñecemento do termo municipal e a toponimia local. Por último habería unha cuarto exame sobre o dominio da lingua galega para os aspirantes que non puidesen acreditalo documentalmente.

O Concello da Laracha reforzará a plantilla de persoal para prestar colaboración ás labores da Policía Local e demais Forzas e Corpos de Seguridade, así como a custodia e vixilancia de bens, servizos e instalacións municipais. Os auxiliares de Policía Local desenvolverán xa as súas funcións durante o verán, época do ano que polas súas características (temporada de praias, festas e celebracións patronais, etc.) implica unha maior actividade e necesidade de control e apoio por parte dos servizos municipais.

12 de maio de 2015 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.