A humorista Sara Escudero actuará na Casa da Cultura da Laracha este venres
A humorista Sara Escudero (Zapeando, La Hora de José Mota, El Club de la Comedia), actuará este venres a partir das 22:00 horas na Casa da Cultura da Laracha na terceira das funcións do 3º Festival do Humor da Laracha.
As últimas entradas dispoñibles poderanse adquirir mañá venres no Concello en horario de mañá ou ben na propia Casa da Cultura da Laracha antes do inicio do espectáculo.
O Festival do Humor pecharase o próximo venres co monólogo de Celso Sanmartín.











