A Guarda programa este sábado a súa cuarta andaina que percorrerá a ruta das fragas
Este sábado, día 9 de maio, celébrase a cuarta andaina: “Ruta das fragas e das levadas dos ríos Caldo e Deva” no concello de A Cañiza. Nesta actividade, que conta cunha distancia de 16,5 kilómetros participarán un total de 55 persoas.
Esta andaina, que tivo que ser aprazada debido ás chuvias da semana pasada, é unha ruta circular con saída e chegada na praia fluvial de Parada. O nivel de dificultade é medio e trátase dunha ruta recentemente sinalizada que percorre camiños recuperados, as fragas e as levadas que aínda se aproveitan para o regadío e fermosos muíños, pazos e unha igrexa de gran interese.
A saída será as 8 horas na explanada da Sangriña e a hora aproximada de chegada de novo A Guarda ás 19 horas.











