A Guarda presenta un proxecto de instalación dun elevador e adecuación do entorno do Museo Arqueolóxico de Santa Trega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Concello da Guarda participou na orde de subvención recentemente convocada pola Axencia Galega de Turismo presentando un ambicioso proxecto que vai permitir o acceso ó Museo Arqueolóxico de Santa Trega a persoas con mobilidade reducida. O proxecto consiste na instalación dun elevador e na adecuación do entorno do Museo para facilitar o desprazamento de persoas en cadeira de rodas ou daquelas que teñan limitado ó acceso polas actuais escaleiras que dan acceso ó Museo.

19 de maio de 2015 | 12:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.