“A Guarda Doce” presenta un programa de pasteis, obradoiros, actuacións musicais e concursos
O Concello da Guarda presenta o programa do evento “A Guarda Doce” que terá lugar o sábado 30 e o domingo 31 de maio na Alameda da localidade. Entre as actividades ofertadas, distínguense, ademais de sete postos de confeiterías e panaderías, tendas e postos de bebida, actuacións musicais, concursos e diferentes obradoiros.
Este evento, que se celebra este ano tras o éxito da edición anterior, ten como obxectivo promover e comercializar os doces e sobremesas dos diferentes establecementos, tanto da comarca do Baixo Miño coma do distrito de Viana en Portugal, nun espazo fora do común.
Entre os postos se encontrarán os doces máis tradicionais e tamén vangardistas das confeiterías Estévez e Rogelio, a panadería Morales e a pastelería Alameda, da Guarda e as pastelerías Camipâo e Petinga Doce e a repostería Lanhelas, de Portugal. Tamén estarán representadas as tendas “Comercio Xusto”, “Esencia” e “Terra Verde”, ademais dos postos de cervexa “Menduiña” e “Saramagal”.
A apertura oficial do evento, por parte do alcalde da Guarda José Manuel Domínguez Freitas acompañado polo Presidente da Câmara Municipal de Caminha, Miguel Alves, será o sábado ás 12 horas na Alameda.
Durante toda a tarde os nenos e nenas gozarán de xogos inchables, animación na rúa e dun obradoiro de pintura. Ademais amenizaran o día a música da “Academia de Música Fernandes Fâo” e o grupo “Pretty Shirts”.
Este ano tamén se repetirán os concursos que tanto éxito tiveron o ano anterior. Así está programado un concurso infantil de galletas e outro de rosquillas para afeccionados adultos. Nos arredores o evento contará cunha exposición de bicicletas clásicas e cun obradoiro de fotografía minutera. A música virá a cargo do grupo “Fiddle Loop & Jose Stewart” e “Alén do Son”











