A gardería infantil da Deputación de Pontevedra en Príncipe Felipe abre o luns a reserva de praza para o curso escolar 2015-2016

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

A escola infantil de 0 a 3 anos do Centro Príncipe Felipe da Deputación establece o proceso de reserva de praza para o vindeiro curso escolar 2015-2016 desde o luns 25 de maio ata o venres 5 de xuño.Neste período deberán presentar a documentación solicitada os alumnos matriculados no curso actual, os irmáns dos que, estando matriculados na escola neste curso, renoven praza para o curso 2015-2016 e os fillos dos traballadores da escola infantil.

Novo ingreso e matrícula

En función do número de prazas que queden sen cubrir, entre o luns 8 de xuño e o xoves 2 de xullo abrirase o prazo de reserva de praza para as familias de novo ingreso, que poden recoller o impreso de solicitude na propia escola ou na web da Deputación.

Finalizado este segundo período as solicitudes someteranse ó baremo establecido. A partir do luns 6 de xullo poderase consultar a lista provisional de admitidos e excluídos; a lista definitiva publicarase a partir do 10 de xullo. Os alumnos admitidos poderán matricularse desde o luns 13 ata o luns 27 de xullo.

Horarios e unidades

A escola infantil de Príncipe Felipe ten un horario de 7:30 a 22:30 horas, durante os 12 meses do ano, o que permite conciliar a vida laboral e familiar das persoas que traballan a quendas.

A escola ten oito unidades e conta con 11 educadoras, unha persoa de servizos xerais e a directora do centro, sen contar as outras 150 da Unidade de Primeira Acollida, que representan un custo para a Deputación de 100.000 euros. Dispón de servizos de atención e coidado de nenos, comedor e servizo médico de urxencia.

Os usuarios da escola infantil da institución provincial pagan o servizo en función da renda familiar. As tarifas calcúlanse segundo o uso do comedor: desde 20 euros (IPREM, renda por cabeza familiar mínima) ata 250 euros (IPREM máximo).

20 de maio de 2015 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.